xoves, 15 de decembro de 2016

A ciencia da guitarra eléctrica

A guitarra eléctrica é un instrumento musical que funcioma gracias á indución electragnética, isto é, á produción de corriente eléctrica pola acción de campos magnéticos.
Cando se pulsa unha corda dunha guitarra eléctrica, a súa vibración transmítese a unha zona denominada pastilla que a transforma nun sinal eléctrico que se dirixe ao amplificador.
As pastilla constan dun imán permanente rodeado dunhas 7000 voltas de arame moi fino cuxos extremos están conectados ao amplificador.
As cordas deste tipo de guitarras están formadas cun material ferromagnético e atópanse baixo a influencia do imán da pastilla. Ao pulsar as cordas vibran provocando unha variación no fluxo magnético na bobina que rodea ao imán da pastilla, xerando unha corriente nesta.
Esta transmítese ao amplificador sendo un fiel reflexo da vibración da corda e por ende, do son que produce. Así canto máis aguda é a nota a tocar, máis rápido vibra a corda e isto refléxase na corrente que crea.

mércores, 7 de decembro de 2016

Por que as aves mariñas confunden o plástico con comida?

Unha das grandes ameazas para a saúde das aves mariñas é a inxesta de plástico, algo moi común debido aos altos niveis de contaminación pero tamén a que estes animais confunden doadamente estes desperdicios con comida.

Por que?

Algúns estudos sinalan a que o causante é o aroma. As algas que se acumulan en envases de plástico no mar desprenden os mesmos compostos derivados do xofre, o sulfuro de dimetilo, que se desprenden cando as algas son inxeridas por certas presas das aves.

Os científicos fixeron o descubrimento mediante a colocación de tres tipos diferentes de plásticos nas augas das costas de Monterey Bay e a Bagía de Bodega, en California. Logo de tres semanas, tomáronse mostras no laboratorio e analizouse quimicamente o seu aroma. Foi este método o que detectou a presenza do sulfuro de dimetilo.

As aves mariñas, como os petreles e os albatros, teñen un agudo sentido do olfato, e son os máis afectados polo consumo de plástico. De feito, as aves que utilizan a detección olfativa do sulfuro de dimetilo tiñan seis veces máis plástico inxerido que o resto.

A amizade nos chimpacés

Ter amigos próximos axuda a que os chimpancés rebaixen os seus niveis de estrés, ata en situacións de alto risco como unha loita a morte con membros dunha comunidade rival.
 Nos primates, os niveis de estrés son, en gran parte, coordinadas pola interacción entre o hipotálamo, a glándula pituitaria e as glándulas suprarrenais.

Recientemente, demostrouse que as interaccións sociais xogan un papel importante no balance das glándulas suprarrenais, que tamén inflúe na dixestio
ón, a resposta inmune do corpo, a fertilidade, a cognición e varios outros procesos craves.

En busca dun vínculo concreto entre a amizade e as glándulas suprarrenais, os científicos monitorizaron aos chimpancés salvaxes en Uganda durante os episodios de conflito entre grupos, o aseo e o descanso. Observaron tamén si eran ou non socios próximos dos animais que estiveron presentes durante devanditos episodios, e logo recolleron mostras de ouriña co fin de medir os niveis de glococorticoides urinarios (UGC).

Cando os chimpancés participan en pelexas con outros grupos, os niveis desta hormona do estrés dispáranse só si eran acompañados dos seus aliados máis próximos pero non cando estes apoiábanlles no combate. Os expertos suxiren que o apoio dos seus compañeiros axuda a eliminar o estrés, ata durante os conflitos potencialmente fatais.

Os resultados, publicados na revista Nature Communications, mostran tamén que o aseo só conduciu unha redución do UGC cando se trataba dun socio cun estreito vínculo, pero nunca cando se trataba de estraños. Como tal, parece que o aseo non calma o estrés dos animais por si mesmo, máis ben, é a interacción cos compañeiros a que produce esta redución de estrés.

Á luz desta evidencia, os autores do estudo propoñen que a amizade é moi importante para a xestión da glándula suprarrenal nos chimpancés, e é polo tanto probable que sexa vital para a saúde, en xeral,
dos animais. Dada a estreita relación evolutiva entre os humanos e os chimpancés, tamén se pode facer unha equivalencia en base a que ocorra o mesmo nas persoas.

mércores, 30 de novembro de 2016

Un novo método de detectar explosivos


Os expertos en explosivos trataron de atopar o mellor método para localizalos: ratas, abellas e ata golfiños. Sen embargo, alguén podería imaxinar cal é a súa nova ferramenta? As espinacas.

Os expertos do Instituto Tecnolóxico de Massachussets utilizaron unha técnica chamada perfusión vascular para introducir nanotubos de carbono nas follas da planta.

Estes nanotubos foron deseñados para interactuar con compostos químicos chamados nitroaromáticos, que se utilizan comunmente en dispositivos explosivos. Nos seus experimentos, descritos na revista Nature Marerials, os investigadores centráronse nun nitroaromático chamado acedo pícrico.

A medida que o ácido absorbe a auga subterránea das raíces da planta, transpórtase á capa de mesófilo na parte inferior da folla, onde se realiza a maior parte da fotosíntese, e onde os nanotubos estarán esperando para detectar o explosivo.

Cando os investigadores emiten un láser nos nanotubos, estes responden cun sinal fluorescente co fin de indicar que se detectaron nitroaromáticos. Este sinal pode ser vista usando unha cámara infravermella.

En promedio, tárdase uns 10 minutos para que os nitroaromáticos alcancen as follas da planta logo de absorber as augas subterráneas, e mentres que algúns animais poden ser capaces de detectar explosivos con maior rapidez, as plantas poderían dar unha maior fiabilidade.

A esfera máis perfecta do universo

Un grupo de astrónomos descubriu que a estrela KIC 11145123 é, de momento, o obxecto máis redondo no universo, cunha diferenza de tan só 3 quilómetros entre o seu radio ecuatorial e polar, con ao redor de 1.558.000 quilómetros.
O equipo, dirixido polo profesor Laurent Gizon do Instituto Max Plank para a Inviestigación do Sistema Solar, descubriu a redondez extrema desta estrela mediante o estudo dos seus oscilacións.

A técnica chámase asterosismoloxía, e do mesmo xeito que a sismoloxía axuda a entender aos xeólogos o interior do noso planeta, este enfoque astronómico permite aos investigadores pescudar o que pasa baixo a superficie das estrelas distantes. A estrela foi observada continuamente polo telescopio Kepler da NASA, nunha misión de catro anos, o que permitiu ao equipo pescudar como a oscilación da estrela afecta á luz que emite.

?As expansións e contraccións periódicas da estrela poden ser detectadas nas fluctuacións no brillo da estrela. As frecuencias dos modos de oscilación pódennos informar sobre a densidade media estelar, a idade da estrela, e a rotación. O que é novo neste traballo é que utilizamos as frecuencias das oscilacións para aprender acerca da forma das estrelas?.

Nas conclusións realizadas polos expertos, explican que a estrela vira moi lentamente, razón pola cal esta é tan redonda. Unha estrela é unha gran bola de plasma, e a súa rotación, o campo magnético e outros factores son responsables da forma final do obxecto.

xoves, 17 de novembro de 2016

Animais diminutos e onde atopalos

É complicado discernir cal é o animal máis pequeno. Principalmente, porque cando alguén se fai esta pregunta soe pensar en vertebrados. Os científicos teñen as súas discusións sobre este asunto, pero todos concordan en que este honor é para unha especie de peixe.
A Universidade Nacional de Singapur comunicará que encontrar nas ácidas augas da illa de Sumatra unha especie de carpa de tan só 8 mm de lonxitude e que carece de cranio, trátase da Paedocypris progenetica.
Sen embargo, uns anos antes, o científico Ted Pietsch da Universidade de Washington descubrira unha especie de rape no mar das Filipinas cuxo tamaño era de só 6 mm. Os machos de Photocorynus spiniceps non superan este tamaño, se ben as femias son sete veces máis grandes. Practicamente os machos viven como parasitos acoplándose de por vida ás femias.
 Por último, algúns científicos cren que de debe dar menos importancia ao tamaño das especies e centrarse no seu peso. O Schindleria brevipinguis é un peixe da Barreira de Coral que sen chegar a estes tamaños tan diminutos só pesa 0,7 miligramos.
Este tema resulta de interese xa que estuda os límites da fisioloxía dos vertebrados e o porque estes peixes evolucionaron deste xeito, quizais para sobrevivir en hábitats con poucos nutrientes ou para evitar depredadores.

Sen chegar ata estes extremos existen diversas especies con tamaños igual de sorprendentemente reducidos.
Por exemplo, o Tití Pigmeo mide entre 14 e 18 centímetros, o que o converte na especie de mono máis pequena. Habita en zonas do Amazonas.


O colibrí abella é a ave máis pequena do mundo (de novo se atendemos ao tamaño do macho; a femia é lixeiramente máis grande). Pesa cerca de dous gramos e o seu tamaño é duns cinco centímetros. Ao ollo humano é imposible ver o bater das súas ás.
Como vemos existen animais cuxo tamaño varia moito entre as diferentes especies. En contraste coas pitóns ou anacondas temos Leptotyphlops carlae a serpe máis pequena de todas, tamén chamada serpe fío. Aliméntase con larvas de insectos.
O morcego nariz de porco pesa dous gramos, mide menos de tres centímetros aínda que a envergadura das súas ás é de quince centímetros.
O camaleón Brookesia Minima, habitante de Madagascar, é exactamente idéntico a un camaleón normal pero cun tamaño reducido (menos de dous centímetros e medio). Adoita esconderse entre as follas ou na cortiza das árbores.

Se ben o posto de animal máis pequeno do mundo é difícil de asignar, hai unha clara gañadora na categoría de pesos pesados que contrasta con todos estes animais: a balea azul.


mércores, 16 de novembro de 2016

Teorías Falsas: Teoría dos catro humores


A teoría dos catro humores foi unha teoría sobre o corpo humano adoptada polos filósofos e físicos das antigas civilizacións grega e romana. Dende Hipócrates ata a chegada da medicina moderna a mediados do século XIX está foi a teoría principal en canto ao funcionamento do corpo humano.
Esencialmente propón que o corpo humano está composto por catro substancias básicas chamadas humores ou líquidos, e que foron identificados como: bile, bile negra, flema e sangue. O equilibrio destes determinan o estado de saúde das persoas, polo que todas as enfermidades e discapacidades están causadas por un exceso ou carencia dalgún dos humores. Así mesmo, a dieta e a actividade das persoas influían neste equilibrio.
Os catro humores tamén determinaban a personalidade das persoas. Os individuos con moita sangue serían segundo esta teoría sociables; se tiñan moita flema, calmados. Unha alta cantidade de bile indicaba un carácter colérico e a bile negra inclinaba as persoas cara á melancolía.
 Durante moitos séculos practicáronse diversos tratamentos baseados nesta teoría como a sangría ou a aplicación de calor extremo.

venres, 4 de novembro de 2016

Teorías Falsas: Teoría floxística

A teoría do floxisto foi postulada no século XVII polo químico Georg Stahl como explicación ao proceso de combustión.
Según esta teoría, todos os materiais conteñen na súa composición "floxisto", canto máis conteñen, máis inflamables son. Para Stahl existían dous tipos de calor: libre e combinada. E identificaba esta última como o floxisto. Cando se produce unha combustión, a calor pasa de ser combinada a libre, libérase o floxisto.
Stahl afirmaba que os metais inflamables estaban compostos por cal e por este principio inflamable. Cando se "calzinaban" perdían todo o seu floxisto e por iso o resultante, a cal ou as cinzas, non podían combustionar de novo.
Lavoisier desmentiu esta teoría explicando que a combustión tratábase dun proceso químico e efectivamente tras o descubrimento do oxíxeno en 1772 isto quedou demostrado.
A día de hoxe a teoría do floxisto está totalmente obsoleta e é só unha curiosidade científica.

mércores, 2 de novembro de 2016

A ciencia dos raios





Última hora: os raios son descargas eléctricas!
Un momento, non é nada sorprendente? Claro que non, iso é algo que xa se sabe, pero exactamente dende cando?
No ano 1752 o científico Benjamin Franklin levou acabo un experimento para determinar se os raios tiñan natureza eléctrica, o experimento da cometa. A cometa usada para o experimento estaba dotada dun árame metálico unido a un fío de seda, ao mesmo tempo, no outro extremo do fío atouse unha chave de metal. Franklin saíu en plena tormenta coa súa cometa e ao acercar unha man a chave saltou unha chispa. Isto demostrou a presenza de electricidade.
En calquera momento existen cargas positivas e negativas no ceo que en situacións normais están en equilibrio, neutralízanse. Durante unha tormenta, no interior das nubes, as cargas positivas ascenden mentres que as negativas descenden. A superficie terrestre sempre ten carga positiva. Esta diferenza de cargas é a que provoca a descarga eléctrica.
Sen embargo, Franklin cometeu un erro que de feito arrastrase ata hoxe referido ao sentido da corrente.
Determinou que todos os obxectos posúen unha atmosfera eléctrica que denominou fluído sutil. Este pódese presentar en exceso (carga positiva) ou en déficit (carga negativa) e o exceso de este fluído atrae ao negativo. Así enunciou que o sentido era de positivo a negativo, pero mais tarde descubriuse que o sentido era o contrario, xa que no polo negativo hai maior concentración de electróns, as partículas que se desprazan.
Si, os raios non son ningúns descoñecidos para nós, sabemos que son fenómenos eléctricos, que refuxiarse baixo unha árbore é unha moi mala idea para escapar de eles, pero os seguintes datos poden que sexan descoñecidos…
Cada día caen máis de 17 millóns de lóstregos. Non só se producen en tormentas, se non que tamén se ven en grandes incendios forestais, nevaradas ou erupcións volcánicas.
Pero, inocente, se estás perdido no medio dunha tormenta non só deberías vixiar o ceo. Debido a que as descargas eléctricas dependen da diferenza entre cargas, estás non teñen porque caer sempre. Algúns raios son ascendentes.
A probabilidade de ser golpeado por un raio é de menos de unha entre dous millóns. A maioría de persoas que reciben este impacto morren, outras sobreviven pero sofren problemas cardíacos e tamén existen un número contado de casos nos que os afectados por estas descargas presentan un talento ou capacidade que nunca antes tivera, como o doutor Cicoria quen tras ser atravesado por un raio converteuse nun gran pianista!