mércores, 19 de abril de 2017

O sistema moscular das ouruga

O sistema muscular humano é un dos máis sofisticados do reino animal. Ocupa aproximadamente o 40% da estrutura do noso corpo, e grazas a el efectuamos unha locomoción envidiable. Para formar este complexo e completo sistema de músculos, dispoñemos dun elevado número destes: algúns expertos cífranos en 639, aínda que outros discrepan e creen que temos máis.

Pode ser que pareza unha cifra asombrosamente alta e que poden parecer demasiados músculos para un corpo, aínda que recordemos que en zonas como no oído temos músculos que chegan a medir 1,5 mm. Aínda así, hai unha especie animal que mide entre 1,5 e 10 centímetros e que pode chegar a ter ata seis veces máis músculos que nós.

Falamos das ourugas. Dependendo da especie, poden chegar a ter entre 2.000 e 4.000 músculos dentro do seu diminuto tamaño. Unha vez convértense en bolboretas, a maioría dos seus músculos son transformados en tecido nervioso que farán bater as súas ás, mentres outra gran cantidade destes morrerán na metamorfose. Aínda así, estes datos non son os únicos que nos chaman a atención destes insectos, xa que a súa alimentación é bastante curiosa. O primeiro alimento que consumen é o ovo de onde eclosionan, que lles ofrece un alto aporte proteico. Estes insectos basean a súa vida na procura de alimentos, xa que ata o seu finalización de etapa larvaria poden consumir 27.000 veces o seu peso en comida. Tamén, aínda que dispoñan de 12 ollos chamados stemmata (seis a cada lado do seu rostro), tan só sérvenlle como fotorreceptor e teñen unha vista pésima.

Ningún comentario:

Publicar un comentario