mércores, 19 de abril de 2017

O virus causante da celiaquía


Aínda que se creu que a celiaquía é unha enfermidade xenética, unha publicación na revista Science podería dar un novo enfoque a esta, posto que os investigadores demostraron como un virus humano, aparentemente benigno, pode desencadear unha resposta inmune fronte ao gluten.

Atoparon que os virus intestinais poden provocar que o sistema inmunitario reaccione de forma esaxerada ao gluten, e preguntáronse si isto podería provocar ou desenvolver a celiaquía. Para probalo, infectaron a un grupo de ratos cunha cepa común de reovirus, xeralmente asintomáticos, e logo alimentáronlles con gliadina, un compoñente do gluten. Os resultados mostraron que os ratos infectados produciron ata tres veces máis anticorpos contra a proteína os dous días posteriores que cando estaban libres do virus.

Sorprendidos polos resultados os investigadores analizaron os pacientes con celiaquía e atopáronse que tiñan niveis máis altos de anticorpos contra o reovirus que aqueles sen a enfermidade.

O estudo conclúe, pois, que a infección do reovirus podería ser clave no desenvolvemento da celiaquía, sobre todo nos bebés. Os investigadores suxiren que, cando os máis pequenos atópanse por primeira vez con alimentos sólidos -ao redor dos seis meses- son especialmente vulnerables ás infeccións virales debido a que o seu sistema inmunolóxico está aínda en desenvolvemento.

Para os bebés xa xeneticamente predispostos a ser celíacos, a combinación de ser vulnerable aos virus xunto coa súa primeira exposición ao gluten pode causar unha tormenta perfecta para desenvolver a enfermidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario