luns, 10 de abril de 2017

Tres datos curiosos

Os cabalos brancos son menos propensos a recibir picaduras de insectos como tábanos ou mosquitos en comparación cos doutra cor debido a polarización da luz.


O proído é unha sensación desagradable xeralmente causada pola irritación das células cutáneas. O noso acto reflexo para alivialo e rascar a zona que nos pica, pero un grupo de científicos atoparon un método mellor. Se nos pica o brazo esquerdo, por exemplo, debemos rascarnos o dereito mentres nos miramos ao espello.

Á hora de medir como de picante é un alimento emprégase a escala Scoville. Esta mide a cantidade de Capsaicina, unha sustancia química que produce unha forte sensación de ardor cando a inxerimos. Así a salsa tabasco tería entre 2.500 e 5.000 SHU (Scoville Heat Units), pero o chile máis picante do mundo, o Carolina Reaper, alcanza as 2.200.000 SHU!

Ningún comentario:

Publicar un comentario