Todos, algunha vez, temos sentidos pequenos chispazos ao rozar as nosas mans coas de outra persoa, pero a algúns isto ocórrelles máis a miúdo que a outros.
Como é ben sabido, este fenómenos está producido pola electricidade estática. Este termo fai referencia a un exceso de carga
eléctrica nun material aillante que, ao ter pouca condutividade, acumula
a electricidade. Tamén é posible que se acumule electricidade estática
nun material condutor. Neste caso o material, malia ser condutor,
atoparíase illado por outro material non condutor. Un exemplo diso é o
típico chispazo que experimentamos ao tocar a porta dun coche. Na chapa
metálica, que é condutora, xérase, durante a marcha, electricidade
estática, pero queda atrapada debido a que o material das rodas (caucho)
non o é. En cambio os humanos somos excelentes condutores e cando
abrimos ou pechamos unha porta a electricidade atrapada consegue
liberarse a través do noso corpo (eh aquí a molesta faísca ou descarga)
cara ao chan.
A electricidade estática débese a unha descompensación de cargas. Todos
os materiais están formados por átomos, que á súa vez están formados por
un núcleo con partículas positivas (protóns) ao redor do cal, móvense
unha ou máis partículas negativas (electróns). Xeralmente o número de
cargas positivas é igual ao de cargas negativas. Desta forma, as cargas
compénsanse dando como resultado unha carga neutra ou, o que é o mesmo,
nula. Agora ben, cando hai fricción algúns átomos poden perder ou gañar
cargas negativas, xerándose unha descompensación de cargas responsable da electricidade
estática. O chispazo non é máis que unha corrente de cargas negativas
que migran cara a un lugar con cargas positivas para volver restablecer o
equilibrio que é, en definitiva, a ausencia de carga eléctrica (carga
neutra ou nula).
Hai persoas especialmente sensibles á electricidade estática?
Ao contrario do que se cre popularmente non hai persoas especialmente
condutoras. O que si que hai son persoas cuxa indumentaria xera
electricidade estática. Non é que o seu metabolismo xere máis
electricidade, si non que o material das súas roupas acumúlaa e logo
transmítea á pel. Xeralmente estes materiais, malia ser illantes,
xeran electricidade estática ao rozar coa nosa pel ou outros materiais
(en caso de levar máis dunha capa).
Entre os materiais illantes que teñen capacidade para xerar
electricidade estática están o vidro, o cabelo das persoas, a la, o
aluminio, o nailon, o poliéster, o poliuretano, o teflón, o papel, ou os
acrílicos e, por suposto, calquera obxecto que estea elaborado con
estes materiais (moqueta, céspede artificial, alfombras, tapicerías,
mobles, bolígrafos, pezas de vestir, etcétera).
O feito de que, logo de peitearnos, o noso cabelo se encrespe non é
perigoso. Tampouco o é sufrir un calambre ao tocar a outra persoa, ou un
obxecto metálico, logo de camiñar sobre unha moqueta ou poñernos pezas
de roupa confeccionadas con nailon, la, poliéster?
Con todo, para as persoas que levan marcapasos a electricidade estática
ten algúns riscos. Tamén na contorna laboral, en actividades nas que se
empregan sustancias con propiedades inflamables ou explosivas, onde a
electricidade estática podería orixinar explosións ou incendios.
xoves, 26 de xaneiro de 2017
mércores, 18 de xaneiro de 2017
Un mapa da gravidade
A gravidade é a forza máis predominante: mantennos nas nosas camas pola
noite, mantennos na Terra en cada paso que damos, sostén as casas e os
rañaceos, fixa a Lúa no ceo... E, con todo, medila con precisión é
sorprendentemente difícil
Sabemos o forte que é en xeral, pero a forza de atracción do noso planeta varía moito dunha parte a outra; os mapas detallados mostran pistas do que xace baixo a superficie da Terra, sendo unha información crave para arquitectos e enxeñeiros.
Algúns dos mellores mapas de gravidade da Terra proveñen da Universidade de Curtin, cunha importante especialización en xeodesia, o estudo matemático da forma e as propiedades da Terra. Os grupos de datos combinados procedentes dos satélites de observación producen mapas de alta resolución sobre a gravidade, mostrando mapas dos seis continentes.
Así é como se ven; as rexións azuis teñen unha gravidade máis baixa, mentres que as rexións vermellas teñen maior gravidade.

Abellas mariñas
As abellas desempeñan un papel crucial a hora de manter a cadea alimenticia, polinizando a maioría de cultivos e plantas na superficie terrestre.
Porén, algo similar acontece no fondo mariño, o cal conta cos seus propios polinizadores.
Trátanse de crustáceos microscópicos, os Thalassia testudinum, que polinizan a flora mariña da mesma xeito que o fan as abellas na terra. Mentres que moitos destes crustáceos aliméntanse deste "
polen", a maior parte da polinización ocorre porque estes restos adhírense a eles e, de forma involuntaria, axudan a poboar o fondo do mar.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)