A gravidade é a forza máis predominante: mantennos nas nosas camas pola
noite, mantennos na Terra en cada paso que damos, sostén as casas e os
rañaceos, fixa a Lúa no ceo... E, con todo, medila con precisión é
sorprendentemente difícil
Sabemos o forte que é en xeral, pero a forza de atracción do noso
planeta varía moito dunha parte a outra; os mapas detallados mostran
pistas do que xace baixo a superficie da Terra, sendo unha información
crave para arquitectos e enxeñeiros.
Algúns dos mellores mapas de gravidade da Terra proveñen da Universidade
de Curtin, cunha importante especialización en xeodesia, o estudo
matemático da forma e as propiedades da Terra. Os grupos de datos
combinados procedentes dos satélites de observación producen mapas de
alta resolución sobre a gravidade, mostrando mapas dos seis continentes.
Así é como se ven; as rexións azuis teñen unha gravidade máis baixa, mentres que as rexións vermellas teñen maior gravidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario