Unha das grandes ameazas para a saúde das aves mariñas é a inxesta de plástico, algo moi común debido aos altos niveis de contaminación pero tamén a que estes animais confunden doadamente estes desperdicios con comida.
Por que?
Algúns estudos sinalan a que o causante é o aroma. As algas que se acumulan en envases de plástico no mar desprenden os mesmos compostos derivados do xofre, o sulfuro de dimetilo, que se desprenden cando as algas son inxeridas por certas presas das aves.
Os científicos fixeron o descubrimento mediante a colocación de tres
tipos diferentes de plásticos nas augas das costas de Monterey Bay e a
Bagía de Bodega, en California. Logo de tres semanas, tomáronse mostras
no laboratorio e analizouse quimicamente o seu aroma. Foi este método o
que detectou a presenza do sulfuro de dimetilo.
As aves mariñas, como os petreles e os albatros, teñen un agudo sentido
do olfato, e son os máis afectados polo consumo de plástico. De feito,
as aves que utilizan a detección olfativa do sulfuro de dimetilo tiñan
seis veces máis plástico inxerido que o resto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario