É un dilema que se suscitaron todas aquelas persoas que viven na cidade:
onde están as pombas bebé? Afortunadamente, hai algunhas explicacións a
este dilema.
En primeiro lugar, as pombas que adoitamos atopar nas rúas son,
probablemente, a Columba livia domestica. Esta subespecie de ave foi
criada orixinalmente das pombas silvestres que se reproducen entre os
acantilados e as grietas das montañas ao redor de Europa, norte de
África e Asia occidental. Malia que a casa desta subespecie é agora a
metrópoli, aínda tenden a anidar nos bordos e nas cavidades dos
edificios altos.
Só si podes ver un niño é cando poderías ver os pichóns, afirma Debra
Kriensky, bióloga de conservación na Audubon Society de Nova York, en
declaracións a IFLScience. Cando abandonan o niño xa son bastante
grandes, e parécense ás aves adultas máis do que o fan os poliños.
Este proceso tarda entre 25 a 32 días; polo tanto, a menos que lles
sorprendas neste breve período na parte superior dun edificio, é pouco
probable que poidas velos.
As pombas nacen "espidas", e necesitan crecer as súas plumas antes de
deixar o niño, agrega Martin Fowlie da Real Sociedade para a Proteción
de Aves. Permanecen nos seus niños ata que son capaces de voar, como
outras especies de nidificación
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario