Un grupo de astrónomos descubriu que a estrela KIC 11145123 é, de
momento, o obxecto máis redondo no universo, cunha diferenza de tan só 3
quilómetros entre o seu radio ecuatorial e polar, con ao redor de
1.558.000 quilómetros.
O equipo, dirixido polo profesor Laurent Gizon do Instituto Max Plank
para a Inviestigación do Sistema Solar, descubriu a redondez extrema
desta estrela mediante o estudo dos seus oscilacións.
A técnica chámase asterosismoloxía, e do mesmo xeito que a sismoloxía
axuda a entender aos xeólogos o interior do noso planeta, este enfoque
astronómico permite aos investigadores pescudar o que pasa baixo a
superficie das estrelas distantes. A estrela foi observada continuamente
polo telescopio Kepler da NASA, nunha misión de catro anos, o que
permitiu ao equipo pescudar como a oscilación da estrela afecta á luz
que emite.
?As expansións e contraccións periódicas da estrela poden ser
detectadas nas fluctuacións no brillo da estrela. As frecuencias dos modos de
oscilación pódennos informar sobre a densidade media estelar, a idade da
estrela, e a rotación. O que é novo neste traballo é que utilizamos as
frecuencias das oscilacións para aprender acerca da forma das
estrelas?.
Nas conclusións realizadas polos expertos, explican que a estrela vira
moi lentamente, razón pola cal esta é tan redonda. Unha estrela é unha
gran bola de plasma, e a súa rotación, o campo magnético e outros
factores son responsables da forma final do obxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario