Última
hora: os raios son descargas eléctricas!
Un momento,
non é nada sorprendente? Claro que non, iso é algo que xa se sabe,
pero exactamente dende cando?
No ano 1752
o científico Benjamin Franklin levou acabo un experimento para
determinar se os raios tiñan natureza eléctrica, o experimento da
cometa. A cometa usada para o experimento estaba dotada dun árame
metálico unido a un fío de seda, ao mesmo tempo, no outro extremo
do fío atouse unha chave de metal. Franklin saíu en plena tormenta
coa súa cometa e ao acercar unha man a chave saltou unha chispa.
Isto demostrou a presenza de electricidade.
En calquera
momento existen cargas positivas e negativas no ceo que en situacións
normais están en equilibrio, neutralízanse. Durante unha tormenta,
no interior das nubes, as cargas positivas ascenden mentres que as
negativas descenden. A superficie terrestre sempre ten carga
positiva. Esta diferenza de cargas é a que provoca a descarga
eléctrica.
Sen
embargo, Franklin cometeu un erro que de feito arrastrase ata hoxe
referido ao sentido da corrente.
Determinou
que todos os obxectos posúen unha atmosfera eléctrica que denominou
fluído sutil. Este pódese presentar en exceso (carga positiva) ou
en déficit (carga negativa) e o exceso de este fluído atrae ao
negativo. Así enunciou que o sentido era de positivo a negativo,
pero mais tarde descubriuse que o sentido era o contrario, xa que no
polo negativo hai maior concentración de electróns, as partículas
que se desprazan.
Si, os
raios non son ningúns descoñecidos para nós, sabemos que son
fenómenos eléctricos, que refuxiarse baixo unha árbore é unha moi
mala idea para escapar de eles, pero os seguintes datos poden que
sexan descoñecidos…
Cada día
caen máis de 17 millóns de lóstregos. Non só se producen en tormentas,
se non que tamén se ven en grandes incendios forestais, nevaradas ou
erupcións volcánicas.
Pero,
inocente, se estás perdido no medio dunha tormenta non só deberías
vixiar o ceo. Debido a que as descargas eléctricas dependen da
diferenza entre cargas, estás non teñen porque caer sempre. Algúns
raios son ascendentes.
A
probabilidade de ser golpeado por un raio é de menos de unha entre
dous millóns. A maioría de persoas que reciben este impacto morren,
outras sobreviven pero sofren problemas cardíacos e tamén existen
un número contado de casos nos que os afectados por estas descargas
presentan un talento ou capacidade que nunca antes tivera, como o
doutor Cicoria quen tras ser atravesado por un raio converteuse nun
gran pianista!
Jejjejejejejeje que guay!
ResponderEliminar