A teoría dos
catro humores foi unha teoría sobre o corpo humano adoptada polos
filósofos e físicos das antigas civilizacións grega e romana.
Dende Hipócrates ata a chegada da medicina moderna a mediados do
século XIX está foi a teoría principal
en canto ao funcionamento do corpo humano.
Esencialmente
propón que o corpo humano está composto por catro substancias
básicas chamadas humores ou líquidos, e que foron identificados
como: bile, bile negra, flema e sangue. O equilibrio destes
determinan o estado de saúde das persoas, polo que todas as
enfermidades e discapacidades están causadas por un exceso ou
carencia dalgún dos humores. Así mesmo, a dieta e a actividade das
persoas influían neste equilibrio.
Os catro
humores tamén determinaban a personalidade das persoas. Os
individuos con moita sangue serían segundo esta teoría sociables;
se tiñan moita flema, calmados. Unha alta cantidade de bile indicaba
un carácter colérico e a bile negra inclinaba as persoas cara á
melancolía.
Durante
moitos séculos practicáronse diversos tratamentos baseados nesta
teoría como a sangría ou a aplicación de calor extremo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario