En 2015 e 2016, a NASA levou a cabo un experimento único en astronautas.
Dous xemelgos foron escolleitos, un para quedarse e en terra, e outro
para ser enviado ao espazo. O por que do experimento é ver como os voos
espaciais de longa duración afectan ao corpo humano. Malia que habemos
ter seres humanos de forma permanente no espazo desde fai décadas, os
cambios físicos e mentais que ocorren aínda non están claros. Chegar a
coñecelos será clave para as futuras misións de longa duración, como as
viaxes a Marte.
O experimento implicou ao astronauta Scott J. Kelly e o seu irmán Mark,
exastronauta. O primeiro pasou un ano na Estación Espacial Internacional
entre marzo de 2015 e marzo do ano seguinte, mentres que o seu irmán
Mark permaneceu na Terra. Durante este tempo, realizáronse varias probas
a cada un deles para comprobar as diferenzas xenéticas entre ambos.
Os resultados presentáronse o pasado 26 de xaneiro en Texas, nun
Programa de Investigación Humana da NASA. Os investigadores atoparon que
os telómeros de Scott creceron máis que os do seu irmán, algo que foi
unha sorpresa para os científicos. Recordemos que os telómeros son os
extremos dos cromosomas do ADN, e crese que o seu encollemento está
relacionado coa vellez.
A lonxitude dos telómeros de Scott volveron á normalidade rapidamente
logo de volver á Terra, por razóns descoñecidas ata o momento. Un estudo
separado, que terminará en 2018, investigará por que sucedeu isto.
Tamén se observaron cambios no ADN. En concreto, Scott tivo unha menor
metilación do ADN, o proceso no que se engaden moléculas chamadas metilo
ao ADN. Este feito foi menos sorprendente que o dos telómeros, segundo
os investigadores.
Os primeiros estudos revisados non se esperan ata finais deste ano ou
principio do próximo. Pero está claro que a partir destes achados
preliminares deberíanse de concluír cousas moi interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario