xoves, 15 de decembro de 2016

A ciencia da guitarra eléctrica

A guitarra eléctrica é un instrumento musical que funcioma gracias á indución electragnética, isto é, á produción de corriente eléctrica pola acción de campos magnéticos.
Cando se pulsa unha corda dunha guitarra eléctrica, a súa vibración transmítese a unha zona denominada pastilla que a transforma nun sinal eléctrico que se dirixe ao amplificador.
As pastilla constan dun imán permanente rodeado dunhas 7000 voltas de arame moi fino cuxos extremos están conectados ao amplificador.
As cordas deste tipo de guitarras están formadas cun material ferromagnético e atópanse baixo a influencia do imán da pastilla. Ao pulsar as cordas vibran provocando unha variación no fluxo magnético na bobina que rodea ao imán da pastilla, xerando unha corriente nesta.
Esta transmítese ao amplificador sendo un fiel reflexo da vibración da corda e por ende, do son que produce. Así canto máis aguda é a nota a tocar, máis rápido vibra a corda e isto refléxase na corrente que crea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario