mércores, 7 de decembro de 2016

Por que as aves mariñas confunden o plástico con comida?

Unha das grandes ameazas para a saúde das aves mariñas é a inxesta de plástico, algo moi común debido aos altos niveis de contaminación pero tamén a que estes animais confunden doadamente estes desperdicios con comida.

Por que?

Algúns estudos sinalan a que o causante é o aroma. As algas que se acumulan en envases de plástico no mar desprenden os mesmos compostos derivados do xofre, o sulfuro de dimetilo, que se desprenden cando as algas son inxeridas por certas presas das aves.

Os científicos fixeron o descubrimento mediante a colocación de tres tipos diferentes de plásticos nas augas das costas de Monterey Bay e a Bagía de Bodega, en California. Logo de tres semanas, tomáronse mostras no laboratorio e analizouse quimicamente o seu aroma. Foi este método o que detectou a presenza do sulfuro de dimetilo.

As aves mariñas, como os petreles e os albatros, teñen un agudo sentido do olfato, e son os máis afectados polo consumo de plástico. De feito, as aves que utilizan a detección olfativa do sulfuro de dimetilo tiñan seis veces máis plástico inxerido que o resto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario