mércores, 18 de xaneiro de 2017

Un mapa da gravidade

A gravidade é a forza máis predominante: mantennos nas nosas camas pola noite, mantennos na Terra en cada paso que damos, sostén as casas e os rañaceos, fixa a Lúa no ceo... E, con todo, medila con precisión é sorprendentemente difícil

Sabemos o forte que é en xeral, pero a forza de atracción do noso planeta varía moito dunha parte a outra; os mapas detallados mostran pistas do que xace baixo a superficie da Terra, sendo unha información crave para arquitectos e enxeñeiros.

Algúns dos mellores mapas de gravidade da Terra proveñen da Universidade de Curtin, cunha importante especialización en xeodesia, o estudo matemático da forma e as propiedades da Terra. Os grupos de datos combinados procedentes dos satélites de observación producen mapas de alta resolución sobre a gravidade, mostrando mapas dos seis continentes.

Así é como se ven; as rexións azuis teñen unha gravidade máis baixa, mentres que as rexións vermellas teñen maior gravidade.










Ningún comentario:

Publicar un comentario