xoves, 26 de xaneiro de 2017

A ciencia da electricidade estática

Todos, algunha vez, temos sentidos pequenos chispazos ao rozar as nosas mans coas de outra persoa, pero a algúns isto ocórrelles máis a miúdo que a outros.


Como é ben sabido, este fenómenos está producido pola electricidade estática. Este termo fai referencia a un exceso de carga eléctrica nun material aillante que, ao ter pouca condutividade, acumula a electricidade. Tamén é posible que se acumule electricidade estática nun material condutor. Neste caso o material, malia ser condutor, atoparíase illado por outro material non condutor. Un exemplo diso é o típico chispazo que experimentamos ao tocar a porta dun coche. Na chapa metálica, que é condutora, xérase, durante a marcha, electricidade estática, pero queda atrapada debido a que o material das rodas (caucho) non o é. En cambio os humanos somos excelentes condutores e cando abrimos ou pechamos unha porta a electricidade atrapada consegue liberarse a través do noso corpo (eh aquí a molesta faísca ou descarga) cara ao chan.

A electricidade estática débese a unha descompensación de cargas. Todos os materiais están formados por átomos, que á súa vez están formados por un núcleo con partículas positivas (protóns) ao redor do cal, móvense unha ou máis partículas negativas (electróns). Xeralmente o número de cargas positivas é igual ao de cargas negativas. Desta forma, as cargas compénsanse dando como resultado unha carga neutra ou, o que é o mesmo, nula. Agora ben, cando hai fricción algúns átomos poden perder ou gañar cargas negativas, xerándose unha descompensación de cargas responsable da electricidade estática. O chispazo non é máis que unha corrente de cargas negativas que migran cara a un lugar con cargas positivas para volver restablecer o equilibrio que é, en definitiva, a ausencia de carga eléctrica (carga neutra ou nula).

Hai persoas especialmente sensibles á electricidade estática?

Ao contrario do que se cre popularmente non hai persoas especialmente condutoras. O que si que hai son persoas cuxa indumentaria xera electricidade estática. Non é que o seu metabolismo xere máis electricidade, si non que o material das súas roupas acumúlaa e logo transmítea á pel. Xeralmente estes materiais, malia ser illantes, xeran electricidade estática ao rozar coa nosa pel ou outros materiais (en caso de levar máis dunha capa).

Entre os materiais illantes que teñen capacidade para xerar electricidade estática están o vidro, o cabelo das persoas, a la, o aluminio, o nailon, o poliéster, o poliuretano, o teflón, o papel, ou os acrílicos e, por suposto, calquera obxecto que estea elaborado con estes materiais (moqueta, céspede artificial, alfombras, tapicerías, mobles, bolígrafos, pezas de vestir, etcétera).

O feito de que, logo de peitearnos, o noso cabelo se encrespe non é perigoso. Tampouco o é sufrir un calambre ao tocar a outra persoa, ou un obxecto metálico, logo de camiñar sobre unha moqueta ou poñernos pezas de roupa confeccionadas con nailon, la, poliéster?

Con todo, para as persoas que levan marcapasos a electricidade estática ten algúns riscos. Tamén na contorna laboral, en actividades nas que se empregan sustancias con propiedades inflamables ou explosivas, onde a electricidade estática podería orixinar explosións ou incendios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario