mércores, 1 de febreiro de 2017

Curiosidades matemáticas

  • A representación gráfica dos números está inspirada na cantidade de ángulos que expresan os números!
  • Actualmente estamos familiarizados de cheo cós números negativos. Estes comenzáronse a empregar na India no século VII para expresar as débedas, pero non foron universalmente aceptados ata o s. XVIII.
  • O sistema sexaxesimal (o empregado nos segundos, minutos, horas... e nos graos) naceu na antiga Babilonia, pese a que no resto do mundo antigo era común o decimal (Se queres saber porque este sistema estaba tan estendido mira as túas mans).
  • Operacións dos deuses era como se chamaban na antigüidade as operacións capicúa como 1089 x 9 = 9801.
  • 2520 é considerado un número perfecto xa que é divisible entre todos os números do 1 ó 10.
  • O signo de igual foi acuñado hai máis de 400 anos por Robert Recorde alegando que non hai nada máis igual que dúas rectas paralelas.
  • O signo da raíz cadrada é en realidade unha r estilizada, xa que orixinalmente os matemáticas escribían a palabra raíz antes do radicando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario