mércores, 30 de novembro de 2016

A esfera máis perfecta do universo

Un grupo de astrónomos descubriu que a estrela KIC 11145123 é, de momento, o obxecto máis redondo no universo, cunha diferenza de tan só 3 quilómetros entre o seu radio ecuatorial e polar, con ao redor de 1.558.000 quilómetros.
O equipo, dirixido polo profesor Laurent Gizon do Instituto Max Plank para a Inviestigación do Sistema Solar, descubriu a redondez extrema desta estrela mediante o estudo dos seus oscilacións.

A técnica chámase asterosismoloxía, e do mesmo xeito que a sismoloxía axuda a entender aos xeólogos o interior do noso planeta, este enfoque astronómico permite aos investigadores pescudar o que pasa baixo a superficie das estrelas distantes. A estrela foi observada continuamente polo telescopio Kepler da NASA, nunha misión de catro anos, o que permitiu ao equipo pescudar como a oscilación da estrela afecta á luz que emite.

?As expansións e contraccións periódicas da estrela poden ser detectadas nas fluctuacións no brillo da estrela. As frecuencias dos modos de oscilación pódennos informar sobre a densidade media estelar, a idade da estrela, e a rotación. O que é novo neste traballo é que utilizamos as frecuencias das oscilacións para aprender acerca da forma das estrelas?.

Nas conclusións realizadas polos expertos, explican que a estrela vira moi lentamente, razón pola cal esta é tan redonda. Unha estrela é unha gran bola de plasma, e a súa rotación, o campo magnético e outros factores son responsables da forma final do obxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario