mércores, 2 de novembro de 2016

A ciencia dos raios





Última hora: os raios son descargas eléctricas!
Un momento, non é nada sorprendente? Claro que non, iso é algo que xa se sabe, pero exactamente dende cando?
No ano 1752 o científico Benjamin Franklin levou acabo un experimento para determinar se os raios tiñan natureza eléctrica, o experimento da cometa. A cometa usada para o experimento estaba dotada dun árame metálico unido a un fío de seda, ao mesmo tempo, no outro extremo do fío atouse unha chave de metal. Franklin saíu en plena tormenta coa súa cometa e ao acercar unha man a chave saltou unha chispa. Isto demostrou a presenza de electricidade.
En calquera momento existen cargas positivas e negativas no ceo que en situacións normais están en equilibrio, neutralízanse. Durante unha tormenta, no interior das nubes, as cargas positivas ascenden mentres que as negativas descenden. A superficie terrestre sempre ten carga positiva. Esta diferenza de cargas é a que provoca a descarga eléctrica.
Sen embargo, Franklin cometeu un erro que de feito arrastrase ata hoxe referido ao sentido da corrente.
Determinou que todos os obxectos posúen unha atmosfera eléctrica que denominou fluído sutil. Este pódese presentar en exceso (carga positiva) ou en déficit (carga negativa) e o exceso de este fluído atrae ao negativo. Así enunciou que o sentido era de positivo a negativo, pero mais tarde descubriuse que o sentido era o contrario, xa que no polo negativo hai maior concentración de electróns, as partículas que se desprazan.
Si, os raios non son ningúns descoñecidos para nós, sabemos que son fenómenos eléctricos, que refuxiarse baixo unha árbore é unha moi mala idea para escapar de eles, pero os seguintes datos poden que sexan descoñecidos…
Cada día caen máis de 17 millóns de lóstregos. Non só se producen en tormentas, se non que tamén se ven en grandes incendios forestais, nevaradas ou erupcións volcánicas.
Pero, inocente, se estás perdido no medio dunha tormenta non só deberías vixiar o ceo. Debido a que as descargas eléctricas dependen da diferenza entre cargas, estás non teñen porque caer sempre. Algúns raios son ascendentes.
A probabilidade de ser golpeado por un raio é de menos de unha entre dous millóns. A maioría de persoas que reciben este impacto morren, outras sobreviven pero sofren problemas cardíacos e tamén existen un número contado de casos nos que os afectados por estas descargas presentan un talento ou capacidade que nunca antes tivera, como o doutor Cicoria quen tras ser atravesado por un raio converteuse nun gran pianista!

1 comentario: