xoves, 17 de novembro de 2016

Animais diminutos e onde atopalos

É complicado discernir cal é o animal máis pequeno. Principalmente, porque cando alguén se fai esta pregunta soe pensar en vertebrados. Os científicos teñen as súas discusións sobre este asunto, pero todos concordan en que este honor é para unha especie de peixe.
A Universidade Nacional de Singapur comunicará que encontrar nas ácidas augas da illa de Sumatra unha especie de carpa de tan só 8 mm de lonxitude e que carece de cranio, trátase da Paedocypris progenetica.
Sen embargo, uns anos antes, o científico Ted Pietsch da Universidade de Washington descubrira unha especie de rape no mar das Filipinas cuxo tamaño era de só 6 mm. Os machos de Photocorynus spiniceps non superan este tamaño, se ben as femias son sete veces máis grandes. Practicamente os machos viven como parasitos acoplándose de por vida ás femias.
 Por último, algúns científicos cren que de debe dar menos importancia ao tamaño das especies e centrarse no seu peso. O Schindleria brevipinguis é un peixe da Barreira de Coral que sen chegar a estes tamaños tan diminutos só pesa 0,7 miligramos.
Este tema resulta de interese xa que estuda os límites da fisioloxía dos vertebrados e o porque estes peixes evolucionaron deste xeito, quizais para sobrevivir en hábitats con poucos nutrientes ou para evitar depredadores.

Sen chegar ata estes extremos existen diversas especies con tamaños igual de sorprendentemente reducidos.
Por exemplo, o Tití Pigmeo mide entre 14 e 18 centímetros, o que o converte na especie de mono máis pequena. Habita en zonas do Amazonas.


O colibrí abella é a ave máis pequena do mundo (de novo se atendemos ao tamaño do macho; a femia é lixeiramente máis grande). Pesa cerca de dous gramos e o seu tamaño é duns cinco centímetros. Ao ollo humano é imposible ver o bater das súas ás.
Como vemos existen animais cuxo tamaño varia moito entre as diferentes especies. En contraste coas pitóns ou anacondas temos Leptotyphlops carlae a serpe máis pequena de todas, tamén chamada serpe fío. Aliméntase con larvas de insectos.
O morcego nariz de porco pesa dous gramos, mide menos de tres centímetros aínda que a envergadura das súas ás é de quince centímetros.
O camaleón Brookesia Minima, habitante de Madagascar, é exactamente idéntico a un camaleón normal pero cun tamaño reducido (menos de dous centímetros e medio). Adoita esconderse entre as follas ou na cortiza das árbores.

Se ben o posto de animal máis pequeno do mundo é difícil de asignar, hai unha clara gañadora na categoría de pesos pesados que contrasta con todos estes animais: a balea azul.


Ningún comentario:

Publicar un comentario