venres, 4 de novembro de 2016

Teorías Falsas: Teoría floxística

A teoría do floxisto foi postulada no século XVII polo químico Georg Stahl como explicación ao proceso de combustión.
Según esta teoría, todos os materiais conteñen na súa composición "floxisto", canto máis conteñen, máis inflamables son. Para Stahl existían dous tipos de calor: libre e combinada. E identificaba esta última como o floxisto. Cando se produce unha combustión, a calor pasa de ser combinada a libre, libérase o floxisto.
Stahl afirmaba que os metais inflamables estaban compostos por cal e por este principio inflamable. Cando se "calzinaban" perdían todo o seu floxisto e por iso o resultante, a cal ou as cinzas, non podían combustionar de novo.
Lavoisier desmentiu esta teoría explicando que a combustión tratábase dun proceso químico e efectivamente tras o descubrimento do oxíxeno en 1772 isto quedou demostrado.
A día de hoxe a teoría do floxisto está totalmente obsoleta e é só unha curiosidade científica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario