mércores, 16 de novembro de 2016

Teorías Falsas: Teoría dos catro humores


A teoría dos catro humores foi unha teoría sobre o corpo humano adoptada polos filósofos e físicos das antigas civilizacións grega e romana. Dende Hipócrates ata a chegada da medicina moderna a mediados do século XIX está foi a teoría principal en canto ao funcionamento do corpo humano.
Esencialmente propón que o corpo humano está composto por catro substancias básicas chamadas humores ou líquidos, e que foron identificados como: bile, bile negra, flema e sangue. O equilibrio destes determinan o estado de saúde das persoas, polo que todas as enfermidades e discapacidades están causadas por un exceso ou carencia dalgún dos humores. Así mesmo, a dieta e a actividade das persoas influían neste equilibrio.
Os catro humores tamén determinaban a personalidade das persoas. Os individuos con moita sangue serían segundo esta teoría sociables; se tiñan moita flema, calmados. Unha alta cantidade de bile indicaba un carácter colérico e a bile negra inclinaba as persoas cara á melancolía.
 Durante moitos séculos practicáronse diversos tratamentos baseados nesta teoría como a sangría ou a aplicación de calor extremo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario