xoves, 6 de abril de 2017

Unha femia de tiburón logra reproducirse ela soa


Un exemplar femia de tiburón cebra (Segostoma fasciatum) chamada Leonie, que habita no acuario de Townsville desde 1999, tivo descendencia sen a súa parella. Grazas a iso, os expertos poderán profundar na partenoxénesis ou reprodución asexual, a capacidade dun corpo de transformar unha célula reprodutora nun novo membro da especie.

O tiburón foi separado da súa parella por falta de espazo. Logo de máis de 12 cativas, a parella foi separada e Leonie quedouse nun novo tanque con dúas das súas fillas. En 2014 o exemplar poñía ovos, algo que non chamou a atención aos expertos. Estes sorprendéronse, con todo, cando en 2015 tres ovos eclosionaron.

Os tiburóns femias ás veces poden almacenar esperma durante longos períodos de tempo despois do apareamento, pero a análise xenética destas cativas, segundo publica Scientific Reports, demostrou que eran idénticos a Leonie, sen aporte xenético do seu compañeiro.

A partenoxénesis é común entre as plantas e moitos invertebrados, pero nunca se observou en mamíferos. Porén, os expertos afirman que isto podería ocorrer máis a miúdo do que pensamos, xa que é difícil de detectar na natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario