sábado, 11 de febreiro de 2017

A segunda enfermidade erradicada

En 1980, a Organización Mundial da Saúde declarou oficialmente que una das enfermidades máis mortais da historia da humanidade, a viruela, fora erradicada. Isto marcou un fito: era a primeira vez que unha enfermidade eliminouse completamente da face da Terra. E non foi fácil: necesitouse un enorme esforzo e colaboración, sobre todo da participación de campañas de vacinación a nivel mundial, a prevención e a vixilancia.

Agora, sorprendentemente, a humanidade está preto de erradicar a segunda enfermidade do planeta, e quizá nunca oias falar dela: a enfermidade do verme de Guinea.

Aínda que non é habitualmente letal, o que podería facer que non recibise a atención que se merece, a enfermidade do verme de Guinea (ou dracunculiasis), é absolutamente terrible e pode debilitarte de forma permanente. O método de infección é a través do auga, cando un ser humano inxere este líquido contendo larvas deste animal. Estas, unha vez dentro do organismo, adhírense á parede intestinal e crecen dentro do corpo durante aproximadamente un ano, alcanzando unha lonxitude de ata 80 centímetros.

 Transcorrido este tempo, o verme migra do lugar antes de emerxer, normalmente, polos pés, a través dunha ampolla moi dolorosa. O agonizante proceso pode durar ata 30 días, durante os cales a persoa infectada a miúda trata de aliviar a dor mergullando a área infectada en auga, que o que fai en realidade é re-iniciar o ciclo infeccioso, si o líquido ten larvas.

En 1986, había máis de 3,5 millóns de casos do verme de Guinea en todo o mundo, e a enfermidade era endémica en case 24.000 pobos de 21 países de África e Asia. Agora, grazas a tres décadas de duro traballo, só quedan 126 casos existentes, segundo anunciou o Centro Carter. Por outra banda, agora só é endémica en 30 aldeas de catro países, os cales todos pertencen a África. Si esta tendencia continúa, a dracunculiasis pronto se converterá na primeira enfermidade parasitaria que se erradique, e a primeira en ser eliminada sen vacinas nin medicamentos.

A enfermidade do verme de Guinea é un candidato ideal para ser erradicado, xa que só se transmite por unha vía; si esta interrómpese, a infección pódese deter. A estratexia foi, xa que logo, moi simple: educar aos habitantes das zonas afectadas e distribuír filtros baratos que a xente poida utilizar para eliminar os parasitos do auga potable. Os dispositivos consistían en tubos de plástico baratos e provistos dun filtro de malla de aceiro que pode ser lavado e reutilizarse. Tamén, ofreceuse unha recompensa de 100$ ás persoas que reportasen novos casos da enfermidade, unha cantidade de diñeiro enorme en moitas aldeas africanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario