venres, 17 de febreiro de 2017

O experimento (real) dos xemelgos

En 2015 e 2016, a NASA levou a cabo un experimento único en astronautas. Dous xemelgos foron escolleitos, un para quedarse e en terra, e outro para ser enviado ao espazo. O por que do experimento é ver como os voos espaciais de longa duración afectan ao corpo humano. Malia que habemos ter seres humanos de forma permanente no espazo desde fai décadas, os cambios físicos e mentais que ocorren aínda non están claros. Chegar a coñecelos será clave para as futuras misións de longa duración, como as viaxes a Marte.

O experimento implicou ao astronauta Scott J. Kelly e o seu irmán Mark, exastronauta. O primeiro pasou un ano na Estación Espacial Internacional entre marzo de 2015 e marzo do ano seguinte, mentres que o seu irmán Mark permaneceu na Terra. Durante este tempo, realizáronse varias probas a cada un deles para comprobar as diferenzas xenéticas entre ambos.

Os resultados presentáronse o pasado 26 de xaneiro en Texas, nun Programa de Investigación Humana da NASA. Os investigadores atoparon que os telómeros de Scott creceron máis que os do seu irmán, algo que foi unha sorpresa para os científicos. Recordemos que os telómeros son os extremos dos cromosomas do ADN, e crese que o seu encollemento está relacionado coa vellez.

A lonxitude dos telómeros de Scott volveron á normalidade rapidamente logo de volver á Terra, por razóns descoñecidas ata o momento. Un estudo separado, que terminará en 2018, investigará por que sucedeu isto.

Tamén se observaron cambios no ADN. En concreto, Scott tivo unha menor metilación do ADN, o proceso no que se engaden moléculas chamadas metilo ao ADN. Este feito foi menos sorprendente que o dos telómeros, segundo os investigadores.

Os primeiros estudos revisados non se esperan ata finais deste ano ou principio do próximo. Pero está claro que a partir destes achados preliminares deberíanse de concluír cousas moi interesantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario