sábado, 11 de febreiro de 2017

O calamar de ollos saltóns

Un grupo de científicos navegaba fronte á costa do sur de California no buque de exploración Nautilus, cando por sorpresa atopáronse cun estraño calamar de ollos saltóns, de aspecto caricaturesco, no fondo mariño.

Pode parecer sacado do universo Pokémon, pero en realidade é unha especie chamada calamar rechoncho (Rossia pacifica), e aínda que o seu nome diga o contrario, a súa especie está máis estreitamente relacionada coas sepias. Estes cefalópodos atópanse, normalmente, no norte do Pacífico, entre Xapón e o sur de California, a unha profundidade de ao redor de 300 metros, aínda que houberon avistamientos a 1.300 metros da superficie. Estes pequenos animais tan estraños tamén teñen a habilidade de cambiar a cor para camuflarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario