sábado, 11 de febreiro de 2017

O experimento eléctrico das patacas

É un experimento ben coñecido o de empregar unha pataca para acender unha bombilla ou outro dispositivo pequeno.
A idea básica destas montaxes baséase nas reaccións redox (redución-oxidación). Os circuítos, en canto á "batería" se refire, redúcense a unha pataca e dúas electrodos de diferente metal. Por exemplo, un electrodo pode ser de cobre e outro de cinc (por iso cando faciades a experiencia dicíanvos de utilizar unha peseta de cada tipo...). A pataca actúa como electrólito, o ácido ascórbico é o elemento que pecha o circuíto. Ao dispoñer cobre e cinc nunha disolución de electrólito, prodúcese a reacción redox e os electróns flúen desde o cinc ata o cobre, pero en realidade isto é bastante lento. Por iso, os voltaxes obtidos por pataca non adoitan superar os 0,5 V e os 0,2 mA (miliamperios). Isto non chega a nada, pero colocando as patacas en serie (para aumentar o voltaxe) e posteriormente xuntando series de patacas en paralelo (para aumentar a corrente), pódense conseguir baterías decentes. Iso si, inmanexables.

A reacción durará o que dure a solución de electrólito. Podedes ver un asombroso (por non dicir absurdo) exemplo de batería de patacas, capaz de alimentar un pequeno equipo de son, ou ata un reloxo de cociña, pero é bastante máis barato unha pila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario