sábado, 11 de febreiro de 2017

Arañas en color

As arañas saltadoras son un dos arácnidos máis curiosos do planeta. Non só se caracterizan polos seus movementos, xa que "bailan", ou os seus saltos, grazas aos cales ten ese característico nome. Tamén é a única araña coñecida que ve en cor.

Polo xeral as arañas non son capaces de ver máis alá dos azules grises, verdes e marróns; así mesmo é inusual ver cores brillantes nelas.
As arañas saltadoras, ou para coñecelas polo seu nome científico, Salticidae, son o maior grupo de arácnidos, cunhas 5.800 especies. Pero de todos eles, resulta que só dous posúen a rara habilidade de ver en cor. Ademais dos azuis, verdes e marróns, poden ver os vermellos, amarelos e laranxas.

Os investigadores creen que iso podería axudar a explicar por que os machos destes grupos exhiben cores deslumbrantes; eles creen que, ademais dos seus típicos bailes para atraer ás femias, as súas cores tamén lles axuda a "ligar".

Pero o máis curioso de todo é que os dous grupos que desenvolveron a capacidade de ver en cor non están estreitamente relacionados, e ata asentaron formas diferentes de ver o mundo. Mentres que os que pertencen ao xénero Habronattus, situado en Centroamérica, desenvolveron un filtro vermello sobre a súa retina; mentres que o xénero Maratus, de Astralia, soubo evolucionar un novo tipo de células da retina sensibles ao vermello
. Dúas solucións diferentes para obter o mesmo resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario