xoves, 9 de febreiro de 2017

Auga no interior da Terra

O noso planeta pode ser azul non só na distancia, senón tamén no interior. Un enorme almacén de auga podería haberse orixinado a través de varias reaccións químicas no manto, en lugar de chegar desde o espazo a través de colisións con cometas ricos en xeo.

Este depósito pode estar baixo tal presión que pode desencadear terremotos por centos de quilómetros por baixo da superficie terrestre, tremores cuxos orixes ata agora permaneceron sen explicación.

Esta hipótese foi suscitada tras unha simulación por ordenador das reaccións no manto superior da Terra entre o hidróxeno líquido e o cuarzo, a forma máis común e estable de sílice nesta parte do planeta.

Podería ser unha forma de explicar a orixe do auga na Terra, demostrando que é posible ter a formación de auga de forma natural na Terra, en lugar de buscar razóns extraterrestres.

Dita reacción ten lugar a aproximadamente unha presión 20.000 veces maior que a atmosférica. O sílice reaccionaría co hidróxeno líquido para formar auga e hidruro de silicio.

Así, a auga teríase formado nas primeiras épocas da Terra e terí subido a superficia de diversos xeitos.

É posible que se estea formando auga aínda na Terra hoxe en día; e, quen sabe, noutros planetas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario