sábado, 11 de febreiro de 2017

Árbores da Lúa

Que son as árbores da Lúa?
En 1971 o astronauta Stuart Allen Roosa, participante na misión Apollo 14 levou consigo como obxecto persoal que a NASA permitía levar, unha bolsa con 500 sementes, como acto simbólico recordando a súa antiga profesión como garda forestal e o amor do seu pai polas actividades ao aire libre. Estas sementes orbitaron a redor da Lúa pero nunca estiveron na súa superficie.
Ao volver a Terra realizáronse experimentos en Houston e comunicaron a Roosa que todas as sementes morreran. Rossa non se deu por vencido e pediu que llas enviaran. Baixo o coidado de expertos biólogos as sementes que quedaban xerminaron.
Estas deron lugar a árbores que procrearon e a día de hoxe encóntranse diseminados por toda a Terra. Porén, os expertos aseguran que non existe ningunha diferenza entre estas árbores e as "terrestres".

Ningún comentario:

Publicar un comentario